Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 233/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 233/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón González Núñez contra María del Mar Iglesias Penedo e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada María del Mar Iglesias Penedo en situación de insolvencia total por importe de 5.868,63 euros en concepto de principal (3.696,06 euros en concepto de indemnización, 2.172,57 euros en concepto de salarios e liquidación), máis outros 586,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva a efectos publicitarios a declaración de insolvencia de María del Mar Iglesias Penedo, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza