Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 287/2018).

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

ETX. Execución de títulos xudiciais 287/2018

Procedemento de orixe; despedimento obxectivo individual 554/2017

Sobre despedimento

Demandante: Patricia Alende Ferrín

Avogada: Marta Rodríguez Mallo

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Mármoles Alende, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 287/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Alende Ferrín contra a empresa Mármoles Alende, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou o Decreto do 18 de marzo de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada, Mármoles Alende, S.L., en situación de insolvencia por importe de 73.238,21 euros en concepto de principal (36.207,73 euros de indemnización + 33.869,88 euros de salarios + 3.160,60 euros de cantidades debidas), máis 7.323,82 euros que se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nestas actuacións.

Notifíqueselles ás partes e a Mármoles Alende, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076000064028718. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta 5076000064028718. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Mármoles Alende, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza