Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de aprobación definitiva do instrumento de ordenación provisional.

O instrumento de ordenación provisional do Concello de Abegondo nos termos que obran no expediente foi aprobado definitivamente por Acordo do Pleno de data do 28.3.2019, de conformidade cos artigos 84 e seguintes da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello sede.abegondo.gal. En canto ás medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente consta no expediente formando parte do documento de aprobación definitiva.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

O que se comunica aos efectos oportunos.

Abegondo, 29 de marzo de 2019

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde