Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de marzo de 2019 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/45/2015).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 11 de decembro de 2018, unha resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva (PON/45/2015-B1) derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/45/2015 á parroquia eclesiástica de Morgadáns como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 2 de febreiro de 2016, que ordenaba a demolición dunha edificación destinada a cantina, nas parcelas con referencias catastrais 54021A076000060000KT e 54021A076000250000KU, no lugar de Prado, Morgadáns, no termo municipal de Gondomar, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse contra a resolución de que este acordo é un mero acto de execución.

Caso non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística