Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17280

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2019, da Presidencia, de nomeamento dunha funcionaria do corpo superior.

Á vista da resolución do procedemento selectivo para o ingreso nunha praza do corpo superior do Parlamento de Galicia (grupo A), por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, a favor da funcionaria María Rosa Buceta López, acordado pola Mesa do Parlamento na súa sesión do 20 de marzo de 2019, e rematados os trámites establecidos nas bases da antedita convocatoria, no uso das facultades que me confire o Estatuto do persoal do Parlamento de Galicia e o Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

Nomear funcionaria do corpo superior do Parlamento de Galicia a María Rosa Buceta López.

Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante a Presidencia do Parlamento de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia