Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade á asignación e á denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2018.

Para os efectos de establecer o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de pagamento básico procedentes da reserva nacional da campaña 2018 en Galicia, no marco do establecido polo Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos do réxime de pagamento básico da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural do 12 de febreiro de 2018 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 23, 24, 25, 26 e 27 do Real decreto 1076/2014, tramitou as solicitudes de acceso á dita reserva e remitiu ao Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) información sobre os solicitantes.

De acordo co disposto no artigo 27.1 do Real decreto 1076/2014, o presidente do Fega comunicou ao Fogga para o seu traslado aos interesados a resolución sobre a asignación e a denegación de solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2018.

Consonte o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a notificación na web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl) da asignación e a denegación de solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2018.

Segundo. Contra a resolución do presidente do Fega que se publica, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria