Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018120AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de febreiro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2018120AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo á persoa que se sinala no anexo.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Consonte o establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015 e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo contra a resolución no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación de esta cédula, ante o xulgado ou a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998.

Así mesmo, comunícaselle que, de optar por presentar o recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, perderá o dereito á redución aplicada.

Lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca, BBVA, Santander ou https://ovt.atriga.gal, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 12 de marzo de 2019

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2018120AL-LU.

CIF da persoa interesada: E27457902.

Último enderezo coñecido: rúa Emilia Pardo Bazán, 13, baixo, 27880 Burela.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria.

Tipificación: dúas infraccións leves.

Sanción imposta: catrocentos oitenta euros (480,00 €), resultante de aplicar a redución do 20 %, recoñecemento de responsabilidade, sobre o importe da sanción proposta no acordo de inicio.