Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 16965

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 114/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 114/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Vázquez Regueiro contra a empresa El Criollo, S.L.U., José Javier Pena Vela e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Eduardo Vázquez Regueiro, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa El Criollo 1969, S.L.U. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 9.167,25 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por mora, con absolución de Javier Pena Vela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para impugnar.

Así o pronuncio, mando e asino por esta mi sentenza, definitivamente xulgando.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada polo xuíz que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data indicados nela. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a El Criollo, S.L.U. e José Javier Pena Vela, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza