Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 16963

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (954/2016-A).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, dou fe de que no xuízo verbal 954/2016 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 18 de xaneiro de 2019.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal seguidos por instancia de José Luis Rey Figueroa e José Luis Rey Lago, representados pola procuradora María Jesús Nogueira Fos e asistidos polo letrado Carlos Jacinto Rial Suárez; contra Allianz Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A., representada pola procuradora María del Carmen Molist García e asistida polo letrado José Manuel Pérez Caamaño, e contra Emilio Rodríguez González, en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolución: estimo integramente as pretensións da parte demandante e condeno a Emilio Rodríguez González e a Allianz Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. a pagar a José Luis Rey Lago a suma de 1.920 euros e a José Luis Rey Figueroa a suma de 502,07 euros, máis os xuros do artigo 20 da Lei de contrato de seguro desde a data do sinistro (25.8.2016) a cargo da compañía aseguradora; con expresa condena en custas dos demandados.

Contra esta sentenza non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. O maxistrado xuíz».

Para que conste e sirva de notificación a Emilio Rodríguez González, por descoñecerse o seu domicilio actual, expido este edicto.

Vigo, 12 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza