Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 16998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Confederación Empresarial de Hostelería y Turismo de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais acordouse depositar, con data 25.2.2019, os estatutos da Confederación Empresarial de Hostelería y Turismo de Galicia.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán pertencer á confederación todas aquelas asociacións, federacións ou calquera outra organización dedicadas a actividades dentro do sector de hostalaría e hospedaxe e turismo.

Asinan a acta de constitución: Ovidio Fernández Ojea, Daniel Martínez Pérez e José Pérez Seara.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego