Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.
Denominación: LMTS, CT e RBT r/ Fernando de Castro, nº 39.
Situación: concello de Sarria.
Características técnicas:
• Liña de media tensión subterránea a 20 kV consistente en anelar na liña SAR807 o CT proxectado entre o CT Juan Montes 15 (27CS93) e o CT Prol. Gran Vía (27CT34), cunha lonxitude de 155 metros, en condutor RHZ1-240.
• CT compacto, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.
• RBT subterránea con orixe no cadro de baixa do CT proxectado e final na RBT existente e na CXP do edificio que se vai electrificar.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e as competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da fecha da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.
Lugo, 7 de marzo de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo