Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 16975

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 261/2017).

Execución de títulos xudiciais: ETX 261/2017

Procedemento de orixe: seguridade social 137/2014

Sobre: seguridade social

Demandante: Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)

Avogado: avogado da Seguridade Social

Demandada: Carmen Rey Cotelo

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 261/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) contra Carmen Rey Cotelo sobre seguridade social, se ditou Decreto de data 26 de novembro de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Carmen Rey Cotelo en situación de insolvencia total por importe de 8.047,02 euros en concepto de principal, máis 804,70 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens da executada.

c) Inscríbase no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 0049 3569 9200 0500 1274. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0261 17. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Carmen Rey Cotelo, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza