Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 17012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co procedemento ordinario 49/2019 IN.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 49/2019 IN (procedemento ordinario), interposto por María Jesús Domínguez Santalla contra a Resolución do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e se convoca para o acto de elección de destino (DOG núm. 237, do 13 de decembro).

A recorrente non está de acordo coa relación de prazas ofertadas que figuran no anexo II de dita resolución (especialidade: Medicina Interna).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos