Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16780

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no ámbito de Leitón-Cidadelle, parroquia de Chapela (expediente 1954/2018).

Mediante o Acordo do Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de febreiro de 2019, aprobouse inicialmente o documento, que inclúe resumo executivo, da modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito Leitón-Cidadelle, na parroquia de Chapela. Xaneiro 2019, asinado en febreiro de 2019 e redactado pola arquitecta María Ríos Carballeira.

De conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e no artigo 144.6 do Regulamento da Lei 2/2016, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública, mediante a publicación deste anuncio no xornal Faro de Vigo e no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de 2 meses, contado a partir do día seguinte ao da última publicación. Durante este prazo poderanse presentar alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co expediente sometido a información pública. O expediente pódese consultar desde o día seguinte ao da primeira das publicacións, nas oficinas de Urbanismo da casa do concello, en horario laboral das 9.00 ás 14.00 horas, e na seguinte ligazón da web do Concello de Redondela: http://redondela.gal/gl/planeamentoedesenvolvementourbanistico

Suspéndese o outorgamento de licenzas urbanísticas no ámbito afectado conforme o establecido no artigo 47.2 da Lei do solo de Galicia.

Redondela, 4 de marzo de 2019

Javier Bas Corugeira
Alcalde