Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-1089/2018-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-1089/2018-PPM e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computara desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 15 de marzo de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-1089/2018-PPM

35560720Y

Inicio

A Cal, 37, A Guarda

PSC-PO-0061/2019-ACU

35466508W

Inicio

Avenida de Castelao, 79, A Illa de Arousa

PSC-PO-0091/2019-PPM

44847714Z

Inicio

Anxeriz, 19, O Milladoiro, Ames

PSC-PO-0104/2019-ACU

35310070X

Inicio

Don Donato Bernárdez Sotelo, 3, Moaña

PSC-PO-0119/2019-PPM

35305882P

Inicio

Saíñas, 1, Poio

PSC-PO-0120/2019-ACU

73241665M

Inicio

Serra Nacente, 23, Cangas

PSC-PO-0121/2019-ACU

73240953Y

Inicio

Noria, 6, Cangas

PSC-PO-0122/2019-ACU

78736410G

Inicio

Noria, 6, Cangas

PSC-PO-0125/2019-PPM

X8794410S

Inicio

Aldea, 4, A Illa de Arousa