Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16611

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento SI427A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2019, a través da Resolución do 21 de decembro de 2018 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2019), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que respondan a algún dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas subvencións ten un cofinanciamento do 80 % dos fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020.

O prazo e forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Resolución do 21 de decembro de 2018, e no artigo 8 determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude. Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.6 da Resolución do 21 de decembro de 2018, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo da resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou do teléfono indicado no artigo 24 da resolución de convocatoria (981 54 53 69).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº expte.

Solicitante

NIF

Documentación requirida

SI427A 2019/01

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non a indicaron no anexo I.
2. Anexo II: no presentado están mal cubertos os datos da secretaria da entidade, xa que en lugar dos dela figuran os da presidenta; ademais, non indican a contía solicitada no recadro correspondente.
3. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que no anexo III indican que remata o 30.6.2019, pero segundo o anexo IV a traballadora social está adscrita ao programa ata o 30.9.2019.

SI427A 2019/02

Alar Galicia

G15775901

1. Anexo III debidamente cuberto no modelo normalizado da convocatoria vixente.
2. O número de mulleres participantes indicado é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 1.720 horas), agás que presenten unha corrección ao respecto.

SI427A 2019/04

Aspnais

G27018365

1. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III indican que o servizo vai ser realizado por unha psicóloga e unha educadora social, pero presentan fichas de 7 profesionais. No caso de que se imputen horas destes/as 7 profesionais, e tendo en conta que o programa consiste nunha soa actuación, tamén deberán aclarar ou xustificar a necesidade de todo este persoal para o desenvolvemento do programa.
2. Anexos IV. Os presentados son incorrectos polos seguintes motivos: en todas as fichas non están cubertos os datos persoais das/dos profesionais (no seu lugar están os do presidente); nas fichas 1 a 5 o tipo de posto de traballo non se corresponde co posto de traballo/perfil profesional.
3. O número de mulleres participantes indicado é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 1.419 horas), agás que presenten unha corrección ao respecto.
4. Anexo VI: deberán presentar unha nova declaración das axudas solicitadas, concedidas ou percibidas para o programa para o que están solicitando a axuda ao abeiro desta convocatoria para o ano 2019 (no anexo I declararon a axuda percibida para o programa do ano 2018).

SI427A 2019/05

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

1. Á educadora social e á psicóloga clínica asígnanselle tarefas/funcións (asesoramento xurídico) para as cales as profesionais non teñen a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/06

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

1. Anexos IV: nas fichas número 5 e 6 (os dous avogados) non se pode validar a sinatura electrónica do representante legal.

SI427A 2019/07

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

1. Anexos IV: na ficha número 4 o número de horas imputadas ao programa non está claro; ademais, as fichas número 3 e 5 corresponden á mesma profesional desempeñando dous postos de traballo distintos (integradora social na ficha nº 3 e educadora na ficha nº 5).
2. Dado que se asignan tarefas/funcións (atención psicolóxica e asesoramento xurídico) a profesionais que non teñen a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.
3. O número de mulleres participantes indicado é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 1.720 horas), agás que presenten unha corrección ao respecto.

SI427A 2019/10

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

1. Á educadora social asígnanselle tarefas/funcións (atención psicolóxica) para as cales a profesional non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/11

Asociación Mujeres en Igualdad Burela (Bumei)

G27441153

1. Anexo III: os colectivos de mulleres aos cales vai dirixido o programa non coinciden cos indicados na memoria complementaria; localización territorial do programa: neste punto deberán relacionar o/os concello/s en que se van levar a cabo as actuacións, non o/os concello/s de que proceden as usuarias, tendo en conta ademais que na relación das actuacións que compoñen o programa indican que os servizos se van prestar no local da asociación; relación das actuacións que compoñen o programa: o período de desenvolvemento de cada unha das actuacións excede o período subvencionable desta convocatoria e a propia temporalización do programa para o que se solicita a axuda.
2. Anexo IV (ficha nº 3): as tarefas/funcións de servizos ou medidas de apoio e orientación laboral non se corresponden coas funcións propias dun monitor, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/12

Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

G15173263

1. Anexo IV (ficha nº 1): as tarefas/funcións de servizos ou medidas de apoio e orientación laboral non se corresponden coas funcións propias dunha terapeuta ocupacional, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/14

Alume Saúde Mental

G27198977

1. Anexo II: o presentado está sen asinar.

SI427A 2019/17

Acadar. Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

1. Anexo II: no presentado están mal cubertos os datos da secretaria da entidade, xa que en lugar dos dela figuran os da presidenta.
2. Á psicóloga asígnanselle tarefas/funcións (servizos ou medidas de apoio e orientación laboral) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/18

Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico

G94088549

1. Anexo IV (ficha nº 1): á terapeuta asígnanselle tarefas/funcións (atención psicolóxica, asesoramento xurídico e servizos ou medidas de apoio e orientación laboral) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/19

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur Galicia

G70101647

1. Anexo III: no presentado non están descritas de forma detallada as actuacións que compoñen o programa.
2. Dado que á educadora/orientadora e á técnica se lle asignan tarefas/funcións (atención psicolóxica, asesoramento xurídico e servizos ou medidas de apoio e orientación laboral) para as cales non teñen a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/20

Asociación de Ayuda a la Vida-Ayuvi

G36802536

1. Aclaración sobre o período de desenvolvemento do programa, xa que o indicado no anexo III non é correcto (1.10.2019-30.9.2019).
2. As actuacións que compoñen o programa van ser desenvolvidas por profesionais dos/das que non presentan anexos IV (por exemplo, psicóloga, avogada, terapeuta, pediatra, etc.), polo que deberán aclarar esta circunstancia.

SI427A 2019/21

Asociación de Mulleres Arandeira

G32261679

1. Dado que á técnica/educadora se lle asignan tarefas/funcións (atención psicolóxica) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levala a cabo, deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.
2. O número de mulleres participantes indicado é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 1.032 horas), agás que presenten unha corrección ao respecto.

SI427A 2019/22

Asociación Mirabal

G70312954

1. Anexos IV: segundo o anexo III, no programa van participar 1 terapeuta e 1 economista, pero presentan dous anexos IV para o posto de terapeuta (fichas nº 3 e 4) e non presentan a ficha correspondente ao posto de economista.
2. O número de horas da coordinadora/responsable do proxecto (membro da xunta directiva-ficha nº 2) excede o límite do 5 % das horas totais declaradas pola entidade (último parágrafo do artigo 6.1.a). Deste xeito, das 1.050 horas totais declaradas, só son subvencionables 902:30 horas unha vez aplicado o dito límite.

SI427A 2019/24

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

1. Aclaración ao tipo de establecemento en que se desenvolve o programa, xa que non o indicaron no anexo III.
2. Anexo IV (ficha nº 1): o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable da convocatoria.

SI427A 2019/25

ONG Mestura

G15940414

1. Memoria complementaria do programa: tanto no anexo I como no III indican que achegan a dita memoria, pero esta non foi presentada (tendo en conta ademais que a descrición das actuacións no anexo III non é detallada).

SI427A 2019/26

Asociación Redmadre Pontevedra

G27707686

1. Á traballadora social e á psicóloga asígnanselle tarefas/funcións (asesoramento xurídico e/ou medidas de apoio e orientación laboral) para as cales as profesionais non teñen a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/27

Down Ourense

G32311870

1. Anexo IV (ficha nº 2-educadora social): na presentada non marcaron o tipo de posto de traballo.

SI427A 2019/28

Fundación Ronsel

G15752660

1. O número de horas do director de proxectos e do coordinador técnico (membros da xunta directiva-fichas nº 1 e 2) excede o límite do 5 % das horas totais declaradas pola entidade (último parágrafo do artigo 6.1.a). Deste xeito, das 675 horas totais declaradas, só son subvencionables 628:30 horas unha vez aplicado o dito límite.

SI427A 2019/29

Asociación Saúde Mental A Creba

G15476310

1. Aclaración sobre a localización territorial do programa (débense indicar o/os concello/s en que se van a levar a cabo as actuacións, non o/os concello/s de que proceden as usuarias).
2. Anexos IV (fichas nº 1 a 6): en todas as fichas o dato «tipo de vinculación» non é correcto (neste punto deben indicar se se trata de persoal propio da entidade ou unha contratación externa/mercantil, tal e como se indica na nota (1) do pé de páxina).

SI427A 2019/31

Saúde Mental Feafes Galicia

G15545353

1. Certificación acreditativa das asociacións integradas, especificando respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios (na presentada non se especifica o NIF de cada unha das asociacións).

SI427A 2019/35

Asociación de Mulleres Algueirada

G32354227

1. Á educadora asígnanselle tarefas/funcións (atención psicolóxica) para as cales a profesional non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/37

Asociación Participación

G32477127

1. Aclaración sobre a temporalización do programa, xa que o período de desenvolvemento indicado no anexo III excede o período subvencionable da convocatoria.

SI427A 2019/38

Asociación Nós Mesmas

G27718907

1. Á educadora social asígnanselle tarefas/funcións (servizos/medidas de apoio e orientación laboral) para as cales a profesional non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/39

Adicam-Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama de Pontevedra

G36380301

1. Anexo IV correspondente á profesional que ocupa o posto de traballo de psicóloga (non o presentaron, no seu lugar achegaron o anexo II).

SI427A 2019/40

Aseduc-Asociación Socioeducativa para a Educación

G70067830

1. Anexo II: no presentado están mal cubertos os datos da secretaria da entidade, xa que en lugar dos dela figuran os da presidenta.

SI427A 2019/41

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

G27119809

1. Á psicóloga/criminóloga asígnanselle tarefas/funcións (servizos/medidas de apoio e orientación laboral) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/43

Asociación Sustinea

G32422834

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2019/45

Asociación Xarela Formación Animación

G32261307

1. Ao orientador socio-laboral asígnanselle tarefas/funcións (atención psicolóxica) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/46

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

1. Á psicóloga asígnanselle tarefas/funcións (servizos/medidas de apoio e orientación laboral) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/47

Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

1. A entidade solicitante non é a titular da conta bancaria consignada no anexo I, polo que deberán indicar unha conta bancaria titularidade da asociación.
2. Aclaración sobre o/os colectivo/s de mulleres ao/s que vai dirixido o programa de acordo coa disposición adicional única da convocatoria (os indicados no anexo III cos números 2 e 4 non teñen a consideración de mulleres en situación de especial vulnerabilidade).
3. Aclaración sobre a localización territorial do programa (débense indicar o/os concello/s en que se van levar a cabo as actuacións, non o/os concello/s de que proceden as usuarias).
4. Á educadora asígnanselle tarefas/funcións (asesoramento xurídico e servizos/medidas de apoio e orientación laboral) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.

SI427A 2019/50

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

1. Anexo II: no presentado non se indica a denominación do programa nin a contía que se solicita.
2. Anexo IV: a ficha correspondente ao posto de mediadora/avogada está sen asinar pola profesional.
3. Á mediadora/psicopedagoga asígnanselle tarefas/funcións (servizos/medidas de apoio e orientación laboral) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.
4. Dado que varios/as profesionais están vinculados/as coa entidade (forman parte da xunta directiva), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo estas contratacións, indicando os motivos que as xustifican e se se realizan de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).
5. O número de horas das/dos profesionais que forman parte da xunta directiva excede o límite do 5 % das horas totais declaradas pola entidade (último parágrafo do artigo 6.1.a). Deste xeito, das 3.890 horas totais declaradas, só son subvencionables 3.826:30 horas unha vez aplicado o dito límite.

SI427A 2019/51

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth

G70480595

1. Aclaración sobre as actuacións que compoñen o programa: no anexo III presentado as actuacións e) e f) teñen unha descrición e contido idénticos.
2. Anexo IV (ficha nº 5): o período de dedicación ao programa da experta en emprendemento é incorrecto.
3. Á coidadora asígnanselle tarefas/funcións (servizos de información e orientación) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas. Así mesmo, deberán indicar en que consisten as súas tarefas en relación co servizo de mediación intercultural e/ou familiar, xa que na descrición deste servizo (anexo III) non se especifican.

SI427A 2019/53

Fundación Integra

G36880615

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2. Anexo III: no presentado non están cubertos os puntos «procedemento de selección das usuarias» e «sistema de avaliación e seguimento das mulleres participantes», ademais de que a actuación que compón o programa non está descrita de forma detallada.
3. Anexo IV: o período de dedicación do profesional excede o período de desenvolvemento do programa indicado no anexo III.

SI427A 2019/54

Acción Laboral

V09409749

1. Acreditación de que a entidade ten domicilio social ou delegación en Galicia (artigo 4.1.b).

SI427A 2019/55

Cáritas Diocesana

Tui-Vigo

R3600368I

1. Anexo II: no presentado non se pode validar a sinatura electrónica do representante legal.
2. Anexos IV: os presentados non se corresponden co modelo normalizado da convocatoria vixente e, ademais, non se pode validar a sinatura electrónica do representante legal.

SI427A 2019/57

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami

G32115941

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.
2. Aclaración sobre a localización territorial do programa (débense indicar o/os concello/s en que se van levar a cabo as actuacións, non o/os concello/s de que proceden as usuarias).

SI427A 2019/58

Agrupación de Asociacións Veciñais do Rural e Periferia de Ourense Miño

G32408023

1. Certificación acreditativa das asociacións integradas, especificando respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios (na presentada non se especifica nin o NIF nin o número de socios/as de cada unha das asociacións).
2. Aclaración sobre as actuacións que compoñen o programa: no anexo III presentado as actuacións a) e b) teñen unha descrición e contido idénticos.

SI427A 2019/59

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

1. Anexos IV: ficha individualizada de cada unha das profesionais que van participar directamente na execución do programa.

SI427A 2019/60

Grumico-Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña

G15038797

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2. Anexo II.
3. No caso de tratarse dunha entidade de segundo nivel, certificación acreditativa das asociacións integradas, especificando respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios.

SI427A 2019/61

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

1. Dado que unha das profesionais está vinculada coa entidade (forma parte da xunta directiva), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, indicando os motivos que a xustifica e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).
2. O número de horas da avogada (membro da xunta directiva) excede o límite do 5 % das horas totais declaradas pola entidade (último parágrafo do artigo 6.1.a). Deste xeito, das 1.120 horas totais declaradas, só son subvencionables 1.036 horas unha vez aplicado o dito límite.

SI427A 2019/62

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

1. Á traballadora social asígnanselle tarefas/funcións (asesoramento xurídico) para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levalas a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación de tarefas.
2. O número de mulleres participantes indicado é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 860 horas), agás que presenten unha corrección ao respecto.

SI427A 2019/63

Cruz Vermella Española

Q2866001G

1. Acreditación da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade: presentou unha certificación emitida pola propia persoa que asina a solicitude en que manifesta que é a competente para solicitar en nome da entidade axudas e subvencións, polo que deberá acreditar documentalmente a dita competencia.
2. Anexo III: a memoria do programa debe presentarse obrigatoriamente no modelo normalizado do anexo III (a memoria complementaria que se presente só é válida para os efectos de ampliar a información contida no anexo III, non para substituílo).

SI427A 2019/64

Ardai Educación y Terapia

G32456097

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2. Anexo II: no presentado non consta a contía solicitada.
3. Anexo III: o período de desenvolvemento do programa excede o período subvencionable establecido na convocatoria, ademais de que as actuacións que compoñen o programa non están descritas de forma detallada.
4. Dado que varias profesionais están vinculados coa entidade (forman parte da xunta directiva, fichas número 1 e 4), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo estas contratacións, indicando os motivos que as xustifican e se se realizan de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).
5. Anexos IV. Todos os presentados son incorrectos polos seguintes motivos: o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable establecido na convocatoria (fichas 1 a 4); non indican o tipo de posto de traballo (fichas 1 a 4); o tipo de vinculación indicado non se corresponde co dato solicitado (fichas 1 a 4); non indican as funcións/tarefas encomendadas no desenvolvemento do programa (fichas 2 e 3); non constan os datos da profesional (ficha 4).
6. O número de horas das profesionais que forman parte da xunta directiva (psicóloga e técnica de integración) excede o límite do 5 % das horas totais declaradas pola entidade (último parágrafo do artigo 6.1.a). Deste xeito, das 864 horas totais declaradas, só son subvencionables 427 horas unha vez aplicado o dito límite.

SI427A 2019/65

Asociación Centinelas

G70390745

1. Anexos IV (fichas correspondentes aos postos de traballo de técnica social e psicóloga): nos presentados, a mesma profesional desempeña os dous postos de traballo, polo que deberán aclarar esta circunstancia ou, na súa falta, corrixir as correspondentes fichas.
2. Anexo IV (ficha correspondente ao posto de traballo de monitora): no presentado, non se indican as funcións/tarefas encomendadas no desenvolvemento do programa. Por outro lado, e tendo en conta que no anexo III non se menciona este posto de traballo en ningunha das actuacións/servizos que compoñen o programa, deberán aclarar en que vai consistir a súa participación no programa.

SI427A 2019/66

Asociación Antonio Noche

G15210388

1. Anexo II debidamente cuberto: no presentado os datos da persoa secretaria non coinciden cos da persoa que asina como tal, a contía solicitada non coincide coa indicada no anexo I, non indican a denominación do programa, etc.
2. Aclaración sobre os colectivos de mulleres en situación de vulnerabilidade aos cales vai dirixido o programa, xa que nin no anexo III nin na memoria complementaria están definidos de acordo coa disposición adicional única da convocatoria.
3. Aclaración sobre as funcións/tarefas da monitora de apoio á conciliación en relación cos servizos/medidas de apoio e orientación laboral, xa que na descrición desta actuación no anexo III non se menciona en que vai consistir a súa participación nos ditos servizos.

SI427A 2019/67

Asociación para a Prevención e a Educación Social-APES

G32383549

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade (segundo a certificación da secretaria da entidade, o 30.11.2018 nomeouse a unha nova presidenta e esta non é a que asina a solicitude).
2. Anexo III: non describen de forma concreta e detallada as actuacións que compoñen o programa e, contrariamente ao que indican neste anexo, non presentaron a memoria complementaria, de xeito que cos datos que obran no expediente non é posible determinar en que vai consistir o programa.
3. Anexos IV: a asignación de tarefas/funcións non son coincidentes coas actuacións que segundo o anexo III compoñen o programa.

SI427A 2019/68

Ecos do Sur

G15354483

1. Anexo II: no presentado están mal cubertos os datos do secretario da entidade, xa que en lugar dos del figuran os da presidenta.
2. Aclaración sobre as/os profesionais que van participar directamente na execución do programa: o número de profesionais relacionados/as no anexo III non coincide co número de fichas (anexos IV) presentadas; a denominación dos postos de traballo indicados no anexo III non coincide coa denominación dos postos indicada nos anexos IV (en particular, nas fichas 1, 2 e 3); na relación das actuacións que compoñen o programa indican que se vai prestar o servizo de mediación intercultural e/ou familiar, pero logo nas fichas individualizadas (anexos IV) non hai ningunha profesional que teña asignadas as ditas tarefas; na descrición da actuación consistente en actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas (actuación e) non mencionan a participación de dúas formadoras de que logo achegan ficha individualizada (fichas 7 e 8).
3. Anexo IV (ficha número 3): o período de dedicación ao programa non está comprendido dentro do período subvencionable establecido na convocatoria.

SI427A 2019/69

Asociación Integrados

G15973357

1. Anexo II: no presentado están mal cubertos os datos da secretaria da entidade, xa que en lugar dos dela figuran os do presidente e a contía solicitada non coincide coa indicada no anexo I.
2. Anexo III: no presentado non están descritas de forma concreta e detallada as actuacións que compoñen o programa (en particular, os servizos e) e f), ademais de que as actuacións incluídas na actuación a) non responden aos servizos de orientación e información establecidos no artigo 5.3.a) da convocatoria.
3. Anexo IV: os datos da persoa profesional son os do presidente da entidade, non os da/do profesional que vai desenvolver o programa.

SI427A 2019/70

Asociación de Ayuda y Atención al Preso

G15414667

1. Anexo II debidamente cuberto: no presentado os datos da persoa secretaria non coinciden cos da persoa que asina como tal, non indican a contía solicitada nin a denominación do programa, etc.
2. Aclaración sobre as funcións/tarefas da monitora de apoio á conciliación en relación coas actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas e cos servizos/medidas de apoio e orientación laboral, xa que na descrición destas actuacións no anexo III non se menciona en que vai consistir a súa participación nos ditos servizos.

SI427A 2019/71

Asociación Down Coruña

G15731466

1. Anexo IV: a ficha número 1 (psicóloga) non está debidamente cuberta en todos os seus puntos (non se indicou o tipo de posto de traballo nin se forma parte ou non da xunta directiva da entidade).

SI427A 2019/72

Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

1. Anexo II: no presentado non está asinado o visto e prace por parte da presidenta da entidade.
2. Anexo IV: o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable establecido na convocatoria e tampouco coincide co período de desenvolvemento do programa indicado no anexo III.

SI427A 2019/73

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

1. Anexo II: o presentado está sen asinar pola secretaria da entidade.
2. Anexo III: no presentado non están descritas de forma concreta e detallada as actuacións que compoñen o programa, ademais de que as actuacións incluídas na actuación b) non responden ao servizo de atención psicolóxica establecido no artigo 5.3.b) da convocatoria. Por outro lado, na relación das actuacións que compoñen o programa indican que se vai prestar o servizo de mediación intercultural e/ou familiar e os servizos/medidas de apoio e orientación laboral, pero logo nas fichas individualizadas (anexos IV) non hai ningunha profesional que teña asignadas as ditas tarefas. Ademais, segundo o indicado neste anexo, a psicóloga é a profesional que vai prestar o servizo/medidas de apoio e orientación laboral, tarefa para a cal non ten a titulación e/ou perfil profesional para levala a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación.
3. Anexos IV: todos os presentados están sen asinar polas/os profesionais.

SI427A 2019/74

Valoresc Innovación

G70377585

1. Aclaración sobre a denominación do programa, xa que non é coincidente nos anexos I e II.
2. Anexo III.
3. Anexo IV (ficha nº 4-mediadora familiar): o tipo de posto de traballo non se corresponde co posto de traballo/perfil profesional.
4. Anexo IV (ficha nº 5-monitora): na presentada non se sinalaron as funcións e tarefas encomendadas no desenvolvemento do programa.
5. Á técnica psicosocial/psicóloga asígnanselle tarefas/funcións en relación cos servizos/medidas de apoio e orientación laboral, tarefas para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levala a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación.

SI427A 2019/75

Asociación Diversidades

G27783950

1. Dado que as profesionais están vinculadas coa entidade (forman parte da xunta directiva), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo estas contratacións, indicando os motivos que as xustifican e se se realizan de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).
2. O número de horas das profesionais que forman parte da xunta directiva excede o límite do 5 % das horas totais declaradas pola entidade (último parágrafo do artigo 6.1.a). Deste xeito, das 1.848 horas totais declaradas, só son subvencionables 92 horas unha vez aplicado o dito límite.

SI427A 2019/76

Asociación Menthor

G94151602

1. Anexo II: o tipo de programa solicitado (recursos integrais para mulleres xestantes/lactantes) non coincide co tipo de programa indicado no anexo I (recursos integrais para mulleres en situación de especial vulnerabilidade).
2. Dado que as profesionais están vinculadas coa entidade (forman parte da xunta directiva), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo estas contratacións, indicando os motivos que as xustifican e se se realizan de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).
3. O número de horas das profesionais que forman parte da xunta directiva excede o límite do 5 % das horas totais declaradas pola entidade (último parágrafo do artigo 6.1.a). Deste xeito, das 560 horas totais declaradas, só son subvencionables 28 horas unha vez aplicado o dito límite.
4. Á psicóloga asígnanselle tarefas/funcións en relación cos servizos/medidas de apoio e orientación laboral, tarefas para as cales non ten a titulación e/ou perfil profesional para levala a cabo, polo que deberán aclarar cales son os motivos que xustifican a dita asignación.

SI427A 2019/77

Federación EFA Galicia

G15299357

1. Anexo II: o arquivo pdf presentado corresponde a un documento en branco.
2. Certificación acreditativa das asociacións integradas, especificando respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios (na presentada falta o número de socios/as de cada entidade).
3. Memoria complementaria do programa: o arquivo pdf presentado corresponde a un documento en branco.
4. Anexo III: non describen de forma concreta e detallada as actuacións que compoñen o programa, de xeito que cos datos que obran no expediente non é posible determinar en que vai consistir o programa.
5. O posto de traballo de administrativa non responde aos establecidos no artigo 6.1.a) da convocatoria, polo que as horas da profesional que ocupa o dito posto non son computables para a determinación do gasto subvencionable e do importe da subvención. Deste xeito, das 1.404 horas totais declaradas, só son subvencionables 1.180 horas unha vez descontadas as horas desta profesional.

SI427A 2019/78

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus

G15681000

1. Anexo II.
2. Anexo III.
3. Anexo/s IV.

SI427A 2019/79

Asociación Labregas

G15945686

1. Aclaración sobre o período de desenvolvemento do programa, xa que o indicado no anexo III é incorrecto, ademais de que non coincide co período de dedicación ao programa das profesionais.
2. O número de mulleres participantes indicado é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas a ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (ata 2.795 horas), agás que presenten unha corrección ao respecto.