Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica emprazamento persoal no PA 267/2018.

Con data do 6 de febreiro de 2019, a Dirección Xeral da Función Pública fixo un emprazamento persoal requirido polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña a esta dirección xeral, relativo ao PA 267/2018, contra a Consellería de Facenda en virtude da Resolución do 4 de setembro de 2018, ditada pola Consellería de Facenda, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Orde do 1 de xuño de 2018 pola que se convocan, para a elección de destino provisional, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado mediante a Orde do 16 de xullo de 2013.

Logo de intentar dúas veces a notificación do citado emprazamento a través do servizo de Correos no domicilio que consta no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, esta non se puido efectuar, e foron devoltas polo dito servizo, por «Non retirado», tras os dous intentos, respectivamente, en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio notifícalle á persoa interesada no citado procedemento, co DNI 11974950T, o emprazamento antes referido.

A persoa interesada pode recoller a notificación do emprazamento mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública