Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas 14, 15, 16 e 17 do Plan parcial do polígono industrial do Milladoiro, API-04 do Plan xeral de ordenación municipal.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 14 de febreiro de 2019, adoptou o acordo de aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas 14-17 do Plan parcial do polígono industrial do Milladoiro, API-04 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), formulado por Santiago Sur Galicia, S.L. e redactado en outubro de 2018 polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada e Beatriz Aneiros Filgueira (COAG 1047 e 2137, respectivamente).

En cumprimento do dito acordo e do artigo 194.2 do Decreto 143/2016 polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, o dereito á información e acceso poderase exercer mediante a consulta no Portal de transparencia do Concello (información de relevancia xurídica) e na Oficina Municipal de Urbanismo; rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 2º, Bertamiráns, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, durante o sinalado prazo poderanse presentar alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Ames, 25 de febreiro de 2019

José M. Miñones Conde
Alcalde