Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 257/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 257/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eugenia Clara García González contra a empresa Marmota Retail, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estímase parcialmente a demanda interposta pola parte demandante contra Marmota Retail, S.L. e condénase a demandada ao aboamento de 3.625,61 euros máis o xuro de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Non se fai imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación en cinco (5) días desde a notificación desta sentenza».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Marmota Retail, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza