Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16288

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande

EDICTO (PO 232/2017).

Eu, Margarita Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande, por este edicto anuncio que no procedemento ordinario 232/2017, seguido por instancia de Luciano Enrique López Feijoo contra Silvia Manuela Afonso Araújo, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta pola representación procesual de Luciano Enrique López Feijoo contra Silvia Manuela Afonso Araújo, se declara resolto o contrato de vitalicio realizado entre Faustino Enrique López Feijoo e Silvia Manuela Afonso Araújo.

Silvia Manuela Afonso Araújo deberá devolver/restituír aos herdeiros de Faustino Pérez González a vivenda unifamiliar número 70 de Ventosa.

Con expresa imposición das custas procesuais á demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación».

Ao estar a dita demandada, Silvia Manuela Afonso Araújo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Bande, 5 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza