Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS626F (expediente BS626F27028013213 e un máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 de Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase mediante este anuncio a notificación das resolucións do recurso de alzada presentado polas persoas interesadas relacionadas no anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos, para os efectos de que no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rolda da Muralla, 70, baixo), en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificadas.

Advírtese que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou potestativamente, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, recurso de reposición no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa notificación ante o mesmo órgano que ditou o acto.

Lugo, 18 de febreiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Resolución e data

33860819N

BS626F27028013213

Recurso desestimado 7.6.2018

44472224E

BS626F27031000817

Recurso desestimado 24.10.2018