Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. número 02/4336/2018, interposto por Mª José Martínez Vázquez, contra o Decreto 66/2018, do 14 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso administrativo P.O. núm. 02/4336/2018, interposto por Mª José Martínez Vázquez, contra o Decreto 66/2018, do 14 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, planificación, apertura, traslado, cierre e transmisión de oficinas de farmacia.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019

O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade
P.S. (Artigo 6.1.c) do Decreto 41/2013)
Ramón Martínez Blanco
Vicesecretario xeral da Consellería de Sanidade