Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16120

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 22 de marzo de 2019 pola que se modifica a Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

BDNS (Identif.): 434604.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

Ampliar ata o 30 de maio de 2019 o prazo de presentación de solicitudes, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2019

Pablo Casal Espido
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica