Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16134

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 42/2019).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 42/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Ríos Pulleiro contra Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, Fogasa, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, vinte e oito de febreiro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 35/2019 de data 25 de xaneiro, ditada no procedemento PO 583/2017 a favor da parte ejecutante, Eduardo Rios Pulleiro, fronte a Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, Fogasa, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., parte executada, por importe de 10.192,16 euros en concepto de principal (8.832,24 euros en concepto de salarios e horas extraordinarias máis 1.359,92 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 1.019,21 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaeceren con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a xuíza. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e oito de febreiro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir as executadas Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 10.192,16 euros en concepto de principal (8.832,24 euros en concepto de salarios e horas extraordinarias máis 1.359,92 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 1.019,21 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingresarase o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0042 19), con apercibimiento de que, no caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L. co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimiento de que, no caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte ejecutante Eduardo Ríos Pulleiro para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, puidesen obterse na presente execución.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza