Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16139

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 18/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 18/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap contra Casal Munin, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, seis de marzo de dous mil dezanove.

Visto o estado da presente execución e ao non se ter dado cumprimento ao requirimento efectuado por auto e decreto de data 21.1.2019, requírase novamente a Casal Munin, S.L. e como responsable subsidiario o INSS, por termo dun mes, para que sen escusa nin pretexto ningún dea cumprimento ao acordado e ingrese na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número ES55 0049 3569 9200 0500 1274, expediente xudicial 1589 0000 64 0018 19, a suma de 4.977,44 euros en concepto de principal (subsidio de IT anticipado), máis outros 497,74 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, facéndolle expreso apercibimiento de que, en caso de non efectualo, se citarán de comparecencia as partes conforme o disposto no artigo 287.4 da Lei reguladora da xurisdición social, co obxecto de fixar prazo para o seu cumprimento e funcionario que se encargue del.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Casal Munin, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza