Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica un trámite de audiencia á sociedade titular dun dereito mineiro que pode verse afectado pola poligonal do parque eólico Miñón (expediente IN408A 2017/07).

En aplicación do disposto no número 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta dirección xeral acordou a apertura dun trámite de audiencia outorgándolle a Baio de Granitos, S.A. un prazo de quince (15) días para que alegue e presente os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Baio de Granitos, S.A. para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas