Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16143

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (162/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 162/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Castaño Dopazo, se ditou a seguinte resolución:

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 162/2018 sobre despedimento obxectivo individual seguidos por instancia de María Ángeles Castaño Dopazo, asistida da letrada Laura Prieto Curras contra Campiñas de Laíño, S.A., e Refojo y González, S.L., representadas e asistidas polo letrado Manuel López Núñez, e contra Fidel Derivados Cárnicos, S.L., representado e asistido polo graduado social José Nogueira Delgado, contra Hipescar, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., José Manuel Capella Pérez e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa.

Decido

Estímase a demanda presentada por instancia de María Ángeles Castaño Dopazo contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., José Manuel Capella Pérez e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa, e declaro extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno solidariamente as empresas demandadas a que lle aboen á demandante a cantidade de 7.082,67 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 40,88 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 31 de xaneiro de 2018 ata a data desta sentenza, por importe de 16.106,72 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

– Condénase a José Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., a María José Lorenzo Gómez, como administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., na súa soa condición de administradores concursais, a estar e pasar polas anteriores declaración e condena.

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza