Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Amparo Alejandre Lores.

Amparo Alejandre Lores, con DNI 35176495L, nada en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o 12 de marzo de 1920, faleceu o 27 de maio de 2009 no lugar de Bértola, derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes do Concello de Vilaboa (Pontevedra), datos que figuran comprobados, xunto co da súa veciñanza civil galega, no Informe preliminar do 5 de marzo de 2019, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio, emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura de procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, de acordo co artigo 20 bis da Lei 33/2003, do 3 de novembro, del patrimonio das administracións públicas,

ACORDO:

1º. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Amparo Alejandre Lores.

2º. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios.

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por un prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Vilagarcía de Arousa e Vilaboa, así como no de calquera outro en que durante a instrución do procedemento se detecten bens da persoa causante.

O prazo máximo ordinario para a resolución deste procedemento é dun ano contado desde a data de adopción deste acordo.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar documentos ou outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio; Subdirección Xeral do Patrimonio, código do expediente ABI/2014/0001; Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

Contra esta resolución non se poderá interpoñer recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite sexan consideradas na resolución que poña fin a este procedemento, contra a cal se poderá presentar en tempo e forma o correspondente recurso.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2019

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda