Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 16029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2019 sobre a retirada de dereitos de pagamento básico do ano 2018.

De conformidade co disposto no artigo 16.4 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, por non ter activados os ditos dereitos durante dous anos consecutivos, procede a súa retirada e pasan á Reserva Nacional.

Consonte con anterior, e constatada a citada circunstancia, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a notificación na web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl) da resolución de retirada de dereitos de pagamento básico do ano 2018 pola non utilización destes en dúas campañas consecutivas.

Segundo. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da presidencia do Fogga no prazo dun mes desde a publicación.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria