Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 15987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 881/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 881/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silviu Asan contra o Fondo de Garantía Salarial, José Ramón Collazo Yáñez, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 881/2017 en que son parte, como demandante, Silviu Asan, asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves e, como demandado, o empregador José Ramón Collazo Yáñez, que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, do mesmo xeito que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Resolución

Estímase a demanda interposta por Silviu Asan fronte a José Ramón Collazo Yáñez e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar ao demandante a cantidade de 3.873,90 euros. Son de aplicación os xuros por demora do 10 %.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que é firme e que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Ramón Collazo Yáñez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza