Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 25 de marzo de 2019 Páx. 15859

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (38/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 38/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Decoraciones Ruasa, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Acordo:

– Ter por desistida a Fundación Laboral de la Construcción da súa demanda fronte a Decoraciones Ruasa, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Decoraciones Ruasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza