Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15651

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 154/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber, que no procedemento despido obxectivo individual 154/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel González Figueira contra a empresa Campiñas de Laíño, S.A, Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., María José Lorenzo Gómez, José Manuel Capella Pérez, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido:

Estimar integramente a demanda interposta por José Manuel González Figueira contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., José Manuel Capella Pérez e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa e, en consecuencia:

– Declárase a nulidade do despedimento do demandante efectuada pola demandada Campiñas de Laíño, S.A., con efectos do 31 de xaneiro de 2018, condenando as demandadas a estar e pasar pola devandita declaración, e a que de modo solidario procedan á readmisión do traballador demandante nas mesmas condicións que tiña con anterioridade ao despedimento e con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a efectiva readmisión, a razón de 44,16 euros/día.

– Condénase a José Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., a María José Lorenzo Gómez, como administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., na súa soa condición de administradores concursais, a estar e pasar pola anterior declaración e condena.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa debe estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSJG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza