Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación da resolución do recurso de alzada contra as bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Perdecanai-Barro II (Barro).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade coa normativa sectorial aplicable e os artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen perxuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O expediente administrativo estará á súa disposición das dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, avenida de Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar, Pontevedra; teléfono 986 80 54 54/986 80 54 63.

Pontevedra, 5 de marzo de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Trámite que se notifica

R-61

Josefina Rey Fontán

Resolución recurso de alzada