Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15427

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 813/2016).

PO. Procedemento ordinario 813/2016

Sobre ordinario

Demandante: Carlos Jiménez Díaz

Avogado: Alberte Xulio Rodríguez Feixoo

Demandadas: Uno TV, S.L., Filmanova, S.L., Cinemar Films, S.L., C.T.V., S.A., Dub Digital Audio, S.L., Sodinor, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Editorial Compostela, S.A., Studio XXI Producciones, S.L., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Doblesón, S.L., Corporación de Radio e Televisión de Galicia, S.A.U. e Vídeo Galicia, S.A.

Avogadas: Lucía Esther Blanco Outón e Antía Celeiro Muñoz

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra Uno TV, S.L., Filmanova, S.L., Cinemar Films, S.L., C.T.V., S.A., Dub Digital Audio, S.L., Sodinor, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Editorial Compostela, S.A., Studio XXI Producciones, S.L., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Doblesón, S.L., Corporación de Radio e Televisión de Galicia, S.A.U. e Vídeo Galicia, S.A., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 813/2016, se acordou citar, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), a Uno TV, S.L., Filmanova, S.L., Sodinor, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Voces Meigas, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Doblesón, S.L. e Vídeo Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 13 de xuño de 2019, ás 10.10 horas, na planta baixa, sala 3, no Edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Uno TV, S.L., Filmanova, S.L., Sodinor, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Voces Meigas, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Doblesón, S.L. e Vídeo Galicia, S.A., expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza