Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15434

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 141/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Aurora del Río Abella contra Limpintegra XXI, S.L., Mantelnor Limpiezas, S.L., Lexaudit Concursal, S.L.P. e o Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 141/2019 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 30.4.2019 ás 9.45 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

En canto á proba solicitada advírtese a destinataria:

Interrogatorio de parte do representante legal da empresa demandada Limpintegra XXI, S.L. en Jesús Ameijenda Mosquera como administrador: procede o solicitado conforme o artigo 90.3 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para tal efecto, fágase saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou través de persoa con poder suficiente, e no caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, coa advertencia de que en caso de non comparecer poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeita declarar ou persiste en non responder afirmativa ou negativamente, malia o apercibimento que se lle faga, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. No caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que tivesen actuado nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Documental, procede o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Requírase a Limpintegra XXI, S.L., para que acheguen os documentos solicitados:

– Informe de vida laboral do CCC 15108349376 de altas e baixas do centro de traballo de Boiro.

– Copia dos contratos de traballo.

– Nóminas acreditativas dos salarios percibidos dos últimos 12 meses e xustificantes de pagamento.

– TA de alta e de baixa na Seguridade Social, cambios de horas.

– Xustificantes de non ter débedas coa Seguridade Social e a Administración de Facenda. Se hai débedas, contía destas.

Coa advertencia de que, de non facelo, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

E para que sirva de citación a Limpintegra XXI, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza