Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15422

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (459/2016).

Familia, garda, custodia alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 459/2016

Sobre outros familia incidentes

Demandante: María del Carmen García Dávila

Procuradora: Marta Rodríguez Costas

Demandado: Victor Manuel Lopes Enriques

Ministerio Fiscal

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante o presente notifícase a Victor Manuel Lopes Enriques a sentenza ditada no presente procedemento, do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vigo o 9 de abril de 2018.

Vistos por min, María del Pilar Cao Fernández, maxistrada do Xulgado de reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo, os presentes autos de more uxorio co número 459/2016, seguidos por instancia de Mª del Carmen García Dávila, representada pola procuradora Marta Rodríguez Costas e baixo a dirección letrada de Jorge Juan Martínez González, fronte a Victor Manuel Lopes Enriques, declarado en situación de rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, resultando o seguinte,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito:

Decido que debo estimar e estimo a demandada interposta pola procuradora dos tribunais Marta Rodríguez Costas, en nome e representación de Mª del Carmen García Dávila, representada fronte a Victor Manuel Lopes Enriques, declarado en situación de rebeldía procesual, e por iso, debo acordar e acordo as seguintes medidas:

– Atribúese á nai a garda e custodia da filla menor, Romina. O exercicio e titularidade da patria potestade debe ser compartida por ambos os proxenitores.

– En canto ao réxime de visitas, establécese a favor do pai o seguinte réxime de visitas:

• Fins de semana alternos: desde o venres á saída do colexio ata o domingo ás 20.00 horas e unha tarde, entre semana que se elixirá de común acordo entre os proxenitores con idéntico horario, coincidindo coa que pasa a fin de semana co proxenitor non custodio. As entregas e recollidas da filla menor verificaranse no domicilio materno.

• Así mesmo, estará coa súa filla, os anos impares, a metade das vacacións de Nadal, desde que comecen estas ás 20.00 horas dese día ata as 20.00 horas do día 30 de decembro, pasando así a Noiteboa e fin de ano co pai. E, os anos pares, estará coa menor desde o día 30 de decembro ás 20.00 horas ata o día anterior ao comezo das clases ás 20.00 horas. As entregas e recollidas da filla menor verificaranse no domicilio materno.

• Poderá desfrutar da súa filla durante as vacacións escolares de semana santa nos anos impares, desde as 20.00 horas do comezo das vacacións ata o domingo ás 20.00 horas. As entregas e recollidas da filla menor verificaranse no domicilio materno.

• E, en canto ás vacacións de verán, dividirase en catro períodos quincenais, así a menor permanecerá co seu proxenitor desde o día 1 de xullo desde as 20.00 horas ata o 16 de xullo ás 20.00 horas, e desde o día 1 de agosto ás 20.00 horas e ata o 16 de agosto ás 20.00 horas os anos pares. E os anos impares rexeranse con quincenas contrarias con idéntico horario. As entregas e recollidas da filla menor verificaranse no domicilio materno.

– Fíxase a contía da pensión de alimentos que o pai debe satisfacer a favor da menor en 150 euros, suma que aquel deberá ingresar por mensualidades anticipadas, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta bancaria que para o efecto designe a nai.

A dita cantidade actualizarase anualmente en proporción ás variacións que experimente o índice oficial de prezos de consumo, segundo o INE ou organismo que o substitúa.

– Ambos os proxenitores aboarán por metade os gastos extraordinarios que xere a filla menor.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención dos fillos menores de idade na sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas, e calquera outro, en definitiva, de análoga natureza aos antes enunciados.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios substanciarase nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, aínda que os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de forma inmediata.

Dada a natureza do presente procedemento non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, e que se substanciará conforme as normas da nova Lei de axuizamento civil, sendo necesario que para iso se ingrese na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009 do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino».

Vigo, 28 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza