Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2019 polo que se notifica o traslado da incoación e da orde de suspensión no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/66/2018-RP1.

A inspectora urbanística acordou, o 28 de xaneiro de 2019, dar traslado a José Seoane López do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/66/2018-RP1 e da orde de suspensión de obras ditada no dito expediente, en relación coa actividade realizada en solo rústico, consistente na construción dunha edificación de planta baixa, paralizada e sen acabar, con tipoloxía de vivenda unifamiliar, e na instalación, ao seu carón, dunha caseta metálica auxiliar, no lugar de Pedrosa, parroquia de Vilarente, no termo municipal de Abadín, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do traslado de ambos os acordos a José Seoane López, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito traslado dos acordos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do traslado dos acordos que se notifican se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase de que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística