No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), intentada a notificación do acordo de inicio de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela; advírtese que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince (15) días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra.
Pontevedra, 4 de marzo de 2019
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente de reintegro: Reint. 2019/01.
Nº de expediente de xestión: TR 341D 2016/256-5.
NIF: 45870690L.
Último enderezo coñecido: r/ Joaquín Loriga, 29 baixo, 36500 Lalín (Pontevedra).
Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.
Norma reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.
Precepto infrinxido: artigo 17.b) da devandita Orde do 28 decembro de 2015.
Contido do acordo: inicio do procedemento de reintegro total.
Data do acordo: 2.1.2019.