Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15270

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 848/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 848/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramiro José Triana Frechilla contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., se ditou a sentenza cuxa resolución se xunta:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Ramiro José Triana Frechilla contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L. e Montserrat Vale Santos, como administradora concursal de Seguridad y Planificación Galicia, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 578,50 € polos conceptos indicados no feito probado sétimo desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do 576 da LAC a partir da presente resolución; e condeno a Montserrat Vale Santos, na súa condición de administradora concursal de Seguridad y Planificación Galicia, S.L., a se ater á anterior declaración e condena respecto da mercantil demandada.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza