Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15263

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 155/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 611/18 por instancia de "Ver_PDF" contra o Fogasa e Laricar 10, S.L., sobre DSP, nos cales se ditou sentenza o 23 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda formulada por "Ver_PDF" fronte á empresa Laricar 10, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal, e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento da traballadora efectuado pola empresa Laricar 10, S.L.

– Condénase a empresa Laricar 10, S.L. á inmediata readmisión do demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, a razón de 45,96 euros diarios.

– Condénase a empresa Laricar 10, S.L. a aboar á traballadora a cantidade de 12.283,15 euros en concepto de cantidades impagadas e xuros do 10 %, así como a cantidade de 525,80 euros en concepto de diferenzas salariais, as cales deberán incrementarse nun 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública. Dou fe».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Laricar 10, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza