No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse mediante edicto as resolucións ditadas nos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas no anexo ao seren devoltas polo Servizo de Correos, para os efectos de que no prazo dun (1) mes desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan persoalmente ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.
Advírtese que contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte á notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 22 de febreiro de 2019
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Procedemento BS626F:
Núm. DNI/NIE |
Núm. de expediente |
Resolución do recurso e data |
Y1995231H |
36057014218 |
Desestimación 13.7.2018 |
39495870V |
36057066517 |
Desestimación 13.4.2018 |
Y5045374Q |
36038011517 |
Desestimación 7.5.2018 |
78735791Y |
36008003115 |
Desestimación 7.5.2018 |
31647467L |
36057065317 |
Desestimación 13.7.2018 |
36142391F |
36057020816 |
Desestimación 26.4.2018 |