Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 14594

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2019 de cesamento e nomeamento de membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo.

O presidente do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo enviou o día 27.2.2019 un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade no cal vén, dunha banda, a comunicar a renuncia de tres persoas membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo e, doutra, a propor o nomeamento de catro persoas como membros do citado órgano.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2018, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 14.2.2018, concedeuse a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros ás persoas que se relacionaban no seu anexo.

Entre as persoas que se relacionaban no citado anexo figuraban María Jesús Lamas Díaz, Rafael Carlos Vidal Pérez e Víctor Herrán Carreira, os cales renuncian agora á súa condición de membro do comité.

Consideracións legais e técnicas:

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, recolle no capítulo III a regulamentación correspondente aos comités territoriais.

No que atinxe á súa composición, os comités territoriais de ética da investigación terán, segundo dispón o punto 1 do artigo 9, unha composición multidisciplinar e estarán formados por un mínimo de nove e un máximo de quince membros de xeito que se asegure a súa independencia, competencia e experiencia na toma de decisións e no cumprimento das súas funcións.

Na actualidade, o Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo conta con catorce membros. Xunto coa renuncia de tres membros, propúxose a incorporación de catro persoas como novos membros, de xeito que a composición se axusta ao citado tope numérico, e son as seguintes:

a) Ana Estany Gestal, da Fundación Ramón Domínguez de Santiago de Compostela.

b) María Mercedes Rodicio García, de Xerencia de Xestión Integrada de Lugo.

c) Jesús Prego Domínguez, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

d) María José Alfaro Águila-Real.

Pola súa banda, o punto 5 do artigo 9 sinala que os membros destes comités serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo en todo caso a representación equilibrada de homes e mulleres.

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta que efectuou a Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

O cesamento de María Jesús Lamas Díaz, Rafael Carlos Vidal Pérez e Víctor Herrán Carreira como membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo.

Así mesmo, o nomeamento de Ana Estany Gestal, María Mercedes Rodicio García, Jesús Prego Domínguez e María José Alfaro Águila-Real como membros do citado comité territorial.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade