Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14517

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 494/2018).

Despedimento/cesamentos en xeral (DSP 494/2018)

Sobre despedimento

Demandante: María Belén López Mouriño

Procurador: Sagrario Queiro García

Demandados: Concello de Santiago de Compostela, Ferrovial Servicios, S.A., Arasti Barca, MA, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L., Patricia Sabela Rivas Lorenzo

Abogados: letrado Concello, Manuel Polledo Cerdeiriña, Lorenzo Sabell Peláez

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 494/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Belén López Mouriño contra a empresa Concello de Santiago de Compostela, Ferrovial Servizos, S.A., Arasti Barca, MA, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L., Patricia Sabela Rivas Lorenzo, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva:

Rectifico a sentenza número 31/2019 ditada nestes autos de procedemento de despedimento número 494/2018 en data 22 de xaneiro de 2019, nos seguintes termos:

1. No feito probado décimo primeiro, no seu parágrafo primeiro, que quedará redactado como segue:

“A demandante presentou o 23.5.2017 papeleta de conciliación ante o SMAC de Santiago de Compostela fronte ás mercantís codemandadas, en materia de recoñecemento de dereitos por cesión ilegal. Así mesmo, consta que o mesmo día presentou ante o Concello de Santiago de Compostela reclamación previa en materia de recoñecemento de dereitos por cesión ilegal, sen que conste ditada resolución expresa en relación coa devandita reclamación”.

2. No fundamento de dereito sexto, nos seus dous últimos parágrafos, que quedarán redactados como segue:

“Polo exposto, debe recoñecérselle á demandante a categoría profesional de administrativo encadrada no grupo C1 que se postula en demanda, e o dereito a percibir as retribucións correspondentes á devandita categoría e grupo profesional conforme o previsto no Convenio colectivo do persoal laboral do Concello, aínda que recoñecéndoselle un nivel salarial 16 que é o de entrada, como alega o Concello demandado, debido a que ademais de que o Convenio colectivo do Concello regula a carreira profesional horizontal no artigo 10 exclusivamente para o persoal funcionario e para o persoal laboral fixo, non pode obviarse que en todo caso o recoñecemento dun nivel superior require a tramitación do correspondente procedemento de avaliación do desempeño establecido no mesmo artigo 10.3 do Convenio, proceso que non se pode presumir realizado cun resultado positivo, e tendo en conta que non regula o Convenio o recoñecemento automático ou pase automático a graos superiores polo simple lapso dos anos, senón que establece como condicionamento para poder iniciar o proceso de avaliación do desempeño a prestación de servizos durante un mínimo de cinco anos, momento a partir do cal os empregados municipais poden tentar avanzar desde o grao de ingreso ao grao I, aínda que logo da presentación de solicitude do proceso de avaliación do desempeño e logo da superación deste en sentido favorable.

Polo exposto, debe fixarse á demandante o salario correspondente á categoría profesional de administrativo encadrada no grupo C1 nivel 16, aínda que indicándose que, polo xa exposto en relación co nivel salarial, non pode tampouco recoñecérselle o complemento de produtividade que se reclama en demanda, pois este non se aplica de modo directo sen que se seguise o proceso de avaliación do desempeño que para o efecto regula o artigo 10.3 do Convenio colectivo. Deberán acollerse, así mesmo, as alegacións da demandada en relación co aboamento de trienios, que deberán serlle recoñecidos con base nos períodos de actividade con arranxo ao disposto nos artigos 1 e 2 da Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración pública, logo da oportuna emisión da certificación de servizos prestados a que se refire a disposición adicional primeira da devandita norma, e tomando para ese efecto a antigüidade de 18.12.2001”.

3. No fundamento de dereito sétimo, que quedará redactado como segue:

“Con base no exposto nos anteriores fundamentos, procede a estimación parcial da demanda, en que se declara que o cesamento da demandante con data de efectos 31.5.2018 constitúe un despedimento nulo, con dereito dela [segundo a existencia de cesión ilegal operada entre o Concello de Santiago de Compostela e as codemandadas Arasti Barca, MA, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L. e Patricia Sabela Rivas Lorenzo, e na opción exercida pola demandante ao abeiro do artigo 43.4 ET] a integrarse no persoal do Concello de Santiago de Compostela e condenando o referido Concello a estar e pasar pola anterior declaración, e á inmediata readmisión da demandante no seu posto de traballo e nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, en concreto, como persoal laboral indefinido non fixo, a tempo completo, con antigüidade de 18.12.2001, categoría profesional de administrativo encadrada retributivamente no grupo C1, nivel 16, no Centro Sociocultural Municipal O Ensanche, e con dereito a ser retribuída conforme a estrutura, conceptos e contías salariais establecidas no vixente Convenio colectivo do persoal laboral e acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Santiago de Compostela para o referido grupo e categoría e conforme o disposto nas leis de orzamentos xerais do Estado que se diten anualmente, así como o dereito a percibir os trienios que lle correspondan polo tempo de servizos prestados para a citada entidade local nos termos previstos na Lei 70/1978, do 26 de decembro, tomando para ese efecto a antigüidade de 18.12.2001, e condenando, así mesmo, o Concello demandado a aboar á demandante os salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a efectiva readmisión co salario diario correspondente ás condicións de antigüidade, trienios, categoría profesional, grupo e nivel salarial indicados”.

4. Na decisión, que quedará redactada como segue:

“Tense a María Belén López Mouriño por desistida da demanda de despedimento presentada contra Ferrovial Servizos, S.A., Arasti Barca, MA, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L. e Patricia Sabela Rivas Lorenzo, e decrétase o sobresemento e arquivamento deste procedemento respecto das ditas codemandadas.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por María Belén López Mouriño contra o Concello de Santiago de Compostela, declaro que o cesamento da demandante con data de efectos 31.5.2018 constitúe un despedimento nulo, con dereito da demandante, como consecuencia da existencia de cesión ilegal operada entre o Concello de Santiago de Compostela e as codemandadas Arasti Barca, MA, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L. e Patricia Sabela Rivas Lorenzo, e con base na opción exercida pola demandante ao abeiro do artigo 43.4 do Estatuto dos traballadores (ET), a integrarse no persoal do Concello de Santiago de Compostela e condeno o Concello demandado a estar e pasar pola anterior declaración, e á inmediata readmisión da demandante no seu posto de traballo e nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, en concreto, como persoal laboral indefinido non fixo, a tempo completo, con antigüidade de 18.12.2001, categoría profesional de administrativo encadrada no grupo C1 nivel 16, no Centro Sociocultural O Ensanche, e con dereito a ser retribuída conforme a estrutura, conceptos e contías salariais establecidas no vixente Convenio colectivo do persoal laboral e acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Santiago de Compostela para a referidos a categoría profesional, grupo e nivel, e conforme o disposto nas leis de orzamentos xerais do Estado que se diten anualmente, así como o dereito a ter consolidados e percibir os trienios que lle correspondan polo tempo de servizos prestados para a entidade local demandada nos termos previstos na Lei 70/1978, do 26 de decembro, tomando para ese efecto a antigüidade de 18.12.2001. Condeno, así mesmo, o Concello demandado a aboar á demandante os salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a efectiva readmisión co salario diario correspondente ás condicións de antigüidade, trienios, categoría profesional, grupo e nivel salarial indicados”.

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

Esta resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas a continuación da sentenza que rectifica. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza a que se refire a esta rectificación.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Patricia Sabela Rivas Lorenzo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza