Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14444

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 5 de marzo de 2019 pola que se extingue, de oficio, a autorización do centro privado Nuevas Líneas, de Ferrol, por cesamento de actividades docentes.

Mediante a Orde do 17 de setembro de 1999 (DOG do 13 de outubro) autorízase o centro privado (CPR) Nuevas Líneas, de Ferrol (A Coruña), para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Perrucaría e o CM Estética Persoal Decorativa (LOXSE). Estes ciclos formativos transfórmanse nos ciclos medios (LOE) Peiteado e Cosmética Capilar e Estética e Beleza, respectivamente.

Mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos iníciase o expediente de extinción da autorización do centro docente, que se tramita de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir, de oficio, por cesamento nas súas actividades docentes, a autorización do centro privado Nuevas Líneas, de Ferrol, código 15025839, en aplicación da disposición oitava.2 da Orde do 20 de setembro de 1995.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Disposición derradeira

Esta orden terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional