En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar a modificación de estatutos da citada entidade por cambio de ámbito provincial a autonómico.
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poderán pertencer á organización todas as persoas físicas ou xurídicas que, observando as disposicións legais vixentes, voluntariamente o soliciten por escrito ao consello de administración, acepten someterse a estes estatutos e se dediquen á actividade extractiva e de comercialización en primeira fase dos mariscos e cultivos mariños e sobre os produtos propios das súas capturas para os cales se constitúe esta organización de produtores.
Asinantes: Juan José Rial Millán e Juan Luis Otero Núñez.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego