Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación para la promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiales de empleo (Aspais).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, se acordou depositar, con data do 12 de febreiro de 2019, os estatutos da Asociación para la promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiales de empleo (Aspais).

Ambito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ambito profesional: poderán ser membros da asociación as persoas físicas ou entidades con personalidade xurídica de centros especiais de emprego en Galicia, con ou sen ánimo de lucro, que acrediten a condición legal de centros especiais de emprego e, como tal, consten inscritos na oficina pública correspondente conforme a normativa legal vixente, e que conten co seu domicilio social en Galicia ou, no caso de sociedades cuxo domicilio social estea fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, teñan presenza operativa e estable nela durante polo menos un ano previo á súa asociación en Aspais.

Asinan a acta de constitución José Ramón Dourado Lema, Osvaldo Fernández Pérez, Santiago Castro Eiroa, Antonio Manuel Vázquez Fernández e María de los Ángeles Marote Martínez.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego