Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14531

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (657/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 657/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Rivas Vidal, se ditou a seguinte resolución:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 657/2017, en que son parte, como demandante, Manuela Rivas Vidal, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro, e, como demandadas, Ambuibérica, S.L., asistida polo letrado Sr. Pérez Seoane, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Manuela Rivas Vidal contra Ambuibérica, S.L. e Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e, en consecuencia, condénanse solidariamente as demandadas a lle aboaren á demandante a cantidade de 3.289,77 euros máis o 10 % de xuro por mora. Sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa».

Para que sirva de notificación en legal forma á codemandada, Ambunova, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza