Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14316

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO de requirimento do cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal.

Visto o intento de notificación realizado a Avelina Álvarez Valle, e tendo en conta que foi infrutuosa esa notificación, é preciso facer a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, así como no Boletín Oficial del Estado.

De conformidade co disposto no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa a actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies árboreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, ao non ter constancia de ningún domicilio, notifícaselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días (10 días), contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na r/ Cristóbal Colón, s/n, Boborás, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Boborás, 11 de marzo de 2018

Rosa González Doporto
Alcaldesa en funcións

ANEXO

Expediente: 186/2018.

Interesado: Avelina Álvarez Valle.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal, nº de referencia catastral parcela 32014A085002890000GD.