Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14255

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 389/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de seguridade social 389/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia López Martínez contra Diseño Hórreo 51 bajo, S.L.U., Iglesias Garaboa José A y Otra, C.B., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño As Cancelas, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., MC Mutual, se ditou sentenza, cuxa resolución se xunta:

Estímase a demanda formulada e, en consecuencia, declárase o dereito que ten a parte demandante a percibir a suma de 603,42 euros en concepto de diferenzas de prestación de incapacidade temporal devindicadas entre o 1.2.2014 e o 19.3.2014 e desde o 16.9.2014 ata o 15.5.2015, coa responsabilidade directa solidaria en canto ao seu aboamento de Iglesias Garaboa José A. y Otra C.B., José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 bajo, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., ben que coa obriga de anticipo pola Mutua MC Mutual e a responsabilidade última para o caso de insolvencia empresarial ou da Mutua, do INSS e da TXSS, sen prexuízo das accións de repetición que correspondan.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Diseño Hórreo 51 bajo, S.L.U., Iglesias Garaboa José A. y Otra, C.B., José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza