A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas outorgou a Canteras Fernández, S.L. Extracción S. Com. a demasía da concesión de explotación que a seguir se describe:
Nome: Valdemiguel.
Número de expediente: 4376.
Recurso: sección C.
Termo municipal: Carballeda de Valdeorras.
Titular: Canteras Fernández, S.L. Extracción S. Com.
Superficie: 6 cuadrículas.
O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 de la Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.
Ourense, 13 de febreiro de 2019
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense